O final deste mes de xullo, concretamente os días 28 e 29, marchamos para o Nigrán Jazz que este ano cumpre a súa XVII edición. Esta edición estará caracterizada por ser a máis nova en idade dos seus participantes da historia do festival en palabras do seu director Felipe Villar.
A madurez correrá da man do célebre guitarrista estadounidense Steve Cárdenas, profesor da New School de New York quen, a parte dun concerto, ofrecerá tamén unha master-class. Steve Cárdenas (especialista mundial en Thelonious Monk) deleitará á audiencia cunha formación creada ex-profeso para o festival co catalán Simón Osuna ao contrabaixo e o galego David Puime á batería.
Suníl López, pianista de Vigo, abre o venres 28 con Joan Codina ao contrabaixo e Genius Wesley á batería. Simone Basile co seu quinteto (Manuel Caliumi ao saxo, Enzo Carniel ao piano, Ferdinando Romano ao baixo e Giovanni Paolo Liguori á batería) dará continuidade musical a esta noite.
O sábado 29 será o turno do trío do saxofonista Miguel Seoane (Mauro Cottone ao contrabaixo e Giacomo Camilletti na batería). Ao rematar, Steve Cárdenas tomará o relevo no escenario xuto a Osuna e Puime.
Tras cada xornada haberá jam-session no mesmo recinto, o venres a cargo do cuarteto do trompeta Gabriel Saitto e o sábado o do guitarrista Martín Verde.
Programa:
Venres 28 de xullo
21:00 Sunil López Trío
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor
22:30 Simone Basile Quintet
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor
24:00 Jam Session: Gabriel Saitto Quartet
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor
Sábado 29 de xullo
12:00 Masterclass: Steve Cárdenas
Lugar: Auditorio do Concello
21:00 Miguel Seoane Trío
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor
22:30 Steve Cárdenas Trío
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor
24:00 Jam Session: Martín Verde Quartet
Lugar: Auditorio da Foz do Miñor