19:00 h | Traede Ferrallada
Xisco Feijóo | Campo da festa do Santuario de Belén
Un dos nomes máis recoñecidos da música tradicional galega, Xisco Feijóo, presentará o seu espectáculo participativo Traede Ferrallada, dando continuidade ao serán diverso.
A proposta recupera repertorios festivos e prácticas musicais tradicionais de distintas zonas de Galicia, convidando ao público a participar activamente co canto e coa percusión.
O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.
Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.








