O Festival Nigranjazz chega á súa 19ª edición, un evento destacado no calendario cultural do Val Miñor. Desde o ano 2007, o festival celébrase na vila costeira de Nigrán (suroeste de Pontevedra), nun entorno único na desembocadura do río Miñor, no Esteiro da Foz, ao pé do famoso paseo da Ramallosa que une Praia América e Baiona.
Este ano, do 17 ao 19 de xullo, o Nigranjazz ofrecerá unha ampla programación de concertos de jazz gratuítos, jam sessions, e aulas maxistrais con algúns dos mellores artistas internacionais e galegos. Artistas como Aaron Parks, Marcel Pascual ou Iago Marta serán protagonistas desta gran festa do jazz.
Un dos principais atractivos do festival é a Masterclass impartida polo artista principal. Este ano, Aaron Parks, un dos pianistas máis recoñecidos do panorama do jazz contemporáneo, será o encargado de liderar esta clase maxistral o sábado 19 de xullo, no Auditorio Municipal de Nigrán, entre as 12:00 e as 13:30 horas. O prezo para asistir á Masterclass será de 15€.
A inscripción poderá facerse cubrindo o seguinte formulario: Inscrición Aaron Parks
PROGRAMA:
Xoves 17 de xullo
- 21:00 – Jam Session con Álvaro Orcajo Quartet
- O contrabaixista pontevedrés residente en Ámsterdam, Álvaro Orcajo, presenta un cuarteto internacional xunto a Dani Font (guitarra), Lluis Pérez-Villegas (batería) e Miguel Seoane (saxo alto).
Venres 18 de xullo
- 21:00 – Manuel Cebrián Cuarteto: “Litet Steg”
- O guitarrista e compositor nigranés Manuel Cebrián presenta o seu proxecto de jazz xunto a músicos como Xacobe Martinez Antelo (contrabaixo), Xosé Miguelez (saxo tenor) e David Puime (batería).
- 22:30 – Carmen Vela Quartet: “En Continuo”
- A flautista madrileña Carmen Vela presenta a súa mestura de jazz urbano acompañado por Jorge Castañeda (piano), Ander García (contrabaixo) e Mikel Urrietagoiena (batería).
- 00:00 – Jam Session con Iago Marta Cuarteto
- Iago Marta, un dos saxofonistas galegos máis destacados, lidera unha Jam Session de jazz contemporáneo xunto a Javier Pereiro “GDjazz” (trompeta), Héctor Agulla (batería) e David Guerreiro (contrabaixo).
Sábado 19 de xullo
- 12:00 – Masterclass con Aaron Parks
- Aproveita esta oportunidade única para aprender do aclamado pianista Aaron Parks.
- 21:00 – Marcel Pascual Quinteto
- O vibrafonista barcelonés Marcel Pascual presenta o seu quinteto formado por músicos destacados da escena jazzística galega.
- 22:30 – Aaron Parks Távola Trio
- O propio Aaron Parks lidera o seu trío Távola, acompañado por Romeu Tristão (contrabaixo) e André Sousa Machado (batería).
- 00:00 – Jam Session con Rosolino Marinello Quintet
- O saxofonista Rosolino Marinello pecha o festival cun quinteto de jazz contemporáneo cheo de frescura e sonoridade propia
Vente a desfrutar da música ao Nigránjazz






