XIX Zona da Zanfona. Rianxo 2023

Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo. Un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas.

Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito. Combina programación de actividades para o público xeral e especializado que se acheguen até Arousa Norte. Músicos amadores e profesionais e audiencias en xeral que atoparán gozo e deleite na escoita deste fabuloso instrumento. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

A programación deste ano pivota en tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e a xuntanza de escolas de zanfona.

Os concertos procuran mostrar o abano de tendencias actuais co instrumento coma protagonista: a música experimental (co virtuoso canadense Ben Grossman e as músicas experimentais), o folk onírico (Sangre de Muérdago presentará o seu último disco O vento que lambe as miñas feridas), o tradicional recreado (o espectáculo de Cantometrics sobre as gravacións históricas de Alan Lomax e Janette Bell na Galiza de 1952) e as novas expresións (Iván Abal e David Bellas co programa Retrotopías de composicións académicas para zanfona e gaita).

Esta edición contará de novo co Palco Aberto ZdZ, a 7ª mostra das escolas de zanfona do país que xa conta case con 100 intérpretes no que amosan diferentes músicas que aprenden ao longo do ano. A seguir haberá o Xantar ZdZ, unha comida de confraternidade das persoas asistentes. Os concertos son de entrada libre.

Os cursos de interpretación serán con prazas limitadas. O de iniciación con Óscar Fernández (para o que non se precisa instrumento propio, empréstase un desde a organización) e de especialización co canadense Ben Grossman (avanzado) e o galego Vítor Soto (intermedio)

Este ano ademais repite unha actividade apaixonante neste ámbito. Será o curso de construción dunha zanfona conducido polo artesán Suso Gestal e o músico Ariel Ninas. A partir da filosofía DIY e dos novos xeitos de produción (corte láser e fabricación aditiva) desenvolveuse un instrumento básico para ser montado nos dous días que dura o curso para asegurar que cada participante leva para casa unha zanfona funcional e a aprendizaxe de tela feito.

O ZdZ continúa tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa sexta entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas achegas dos docentes de escolas de zanfona de Galiza para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar os cinco primeiros destes cancioneiros aquí.

Haberá unha presentación editorial do primeiro método publicado en Galiza para o instrumento. Manual galego de zanfona é un libro en formato físico con apoio en vídeos didácticos que presenta as partituras comentadas, explicadas e ordenadas de xeito progresivo, feito por Suso Vaamonde Manteiga.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

ZONA DA ZANFONA. 19 ENCONTRO INTERNACIONAL. RIANXO 2023

Concertos

Venres 30 xuño. Praza Rafael Dieste. 21.30 h

  • Sangre de Muérdago
  • Ben Grossman

Sábado 1 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30 h

  • Cantometrics
  • David Bellas e Iván Abal

Palco Aberto ZdZ domingo 2 xullo. Pazo do Rianxiño. 12 h

  • Mostra de escolas de zanfona
  • Xantar aberto ZdZ

Presentación: Manual galego de zanfona Con Suso Vaamonde. domingo 2 xullo. 17 h. Pazo do Rianxiño

Cursos ZdZ

  • Iniciación. Óscar Fernández. Venres 30. 16-20h (emprestamos instrumento!)
  • Intermedio. Vítor Soto. Venres 30. 16-20h
  • Avanzado. Ben Grossman. Sábado 1. 10-19h
  • Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas. Sábado 17 e domingo 18 xuño. 10-20h

Info para os cursos:

    • Datas de inscrición:  a partir do 1 de xuño
    • Lugar: Auditorio de Rianxo

  • Inscrición: debes encher o formulario de inscrición accesíbel  no link de cada unha das actividades: pica no link de cada curso: IniciaciónIntermedioAvanzado ; Construción
  • Correo información: matricula@folque.com

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Programación ZdZ en detalle:

[events_list category=”143″ scope=all]

 

Actividade promovida por:

Apoio de:

With help from

Comments are closed