Zona da Zanfona estrea web

Logo de estar aloxado na páxina principal de aCentral Folque (folque.com) desde o seu nacemento no 2005, o festival internacional Zona da Zanfona, e todas as súas variadas nomenclaturas e spinoffs, estrea web para informar das súas actividades, novidades, información relacionada co festival ou das súas parcerías,…

Este sitio web non só é un espazo onde atopar todo o relacionado co ZdZ, senón tamén un repositorio das edicións pasadas con fotografías, vídeos, links para a descarga dos Cancioneiros, actualización do Atlas de zanfona auspiciado desde o festival, artigos de investigación, etc.

Agardamos sexa de interese para todas as persoas que precisan unha información actualizada e detallada de todo o relacionado nesta Zona da Zanfona.

O url desta nova web é zanfona.folque.com


Esta web está impulsada e realizada por aCentral Folque co patrocinio da Deputación de Coruña. Departamento de Cultura

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario