Zona da Zanfona, o único festival temático sobre instrumento na Península Ibérica celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque chega a súa XIV edición co apoio do Concello de Rianxo. Mantense as datas de verán (6-8 de xullo) e desenvolver un programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos especialistas e audiencias de lecer que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. Desde aCentral Folque levamos máis de quince anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O artista internacional este ano é o sueco Johannes Geworkian Hellman que ofrecerá un concerto solista e un curso para especialistas.
A novidade deste ano é a organización de cursos non especificamente sobre a zanfona. Haberá un curso de improvisación oral con Alba María e Benito Lobariñas e outro de bailes do mundo con Mercedes Prieto e Sergio Cobos. Ademais do curso avanzado con Johannes Geworkian e o de iniciación con Óscar Fernández.
Os concertos celebraranse na praza Rafael Dieste con entrada libre e partir das 22.30 h. O venres 6 a ocasión será para dous solistas de excepción: Miro Casabella e o seu concerto “O cantor da dignidade” e Johannes Geworkian e show “Cinematic Music“. O sábado 7 será o Baile Assalto con Mala Herba e Óscar Fernández como artista convidado.
O domingo 8 de xullo qiuere ser máis un ano, o escaparate da vitalidade da zanfona en Galicia cun convite a todas a s escolas do país para un palco aberto, un xantar e unha foliada onde a zanfona será a protagonista da xornada baixo unha carpa na praza Setefogas (Paseo Marítimo).
Iniciamos ademais a publicación para descarga libre do Cancioneiro #ZdZ que pretenderá medrar nos vindeiros anos con aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar o primeiro destes cancioneiros aquí.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2018. Programa
Mércores 4 xullo.
Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h
- Ariel Ninas & Alba María
Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.
Venres 6 xullo.
Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h
- Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman
Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)
Sábado 7 xullo
Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30
- Grupo Mala Herba. Convidado especial Óscar Fernández. Música ao vivo para baile popular.
Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo. 10 h-19 h
- Curso zanfona (avanzado) con Johannes Geworkian
- Curso baile con Sergio Cobos e Mercedes Prieto
- Curso de regueifa con Alba María
Domingo 8 xullo
Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste e Liceo Rianxeiro.
- 12 h Palco aberto para zanfonistas de todo o país. Praza Rafael Dieste
- 14.30 h Xantar aberto. Praza de Setefogas.
- 17 h Foliada ZdZ. Praza de Setefogas.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2018. actividades en detalle
Data/hora | Evento |
---|---|
04/07/2018 12:00 |
Concerto ambulante ZdZ
Mercadiño semanal, Rianxo |
06/07/2018 16:00 |
Curso ZdZ: Óscar Fernández
Auditorio de Rianxo, Rianxo |
06/07/2018 22:30 |
Concerto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo |
07/07/2018 10:00 |
Curso ZdZ: Baile
Auditorio de Rianxo, Rianxo |
07/07/2018 10:00 |
Curso ZdZ: Johannes Geworkian
Auditorio de Rianxo, Rianxo |
07/07/2018 10:00 |
Curso ZdZ: Regueifa
Auditorio de Rianxo, Rianxo |
07/07/2018 22:30 |
Baile Assalto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo |
08/07/2018 12:00 |
Palco Aberto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo |
Organiza aCentral Folque : Promove Concello de Rianxo
Pingback: 14 Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo - Educación e Cultura - rianxo