Presentación de Zugunruhe en Noia

Concerto de Pablo Sanmamed Cuarteto – Zugunruhe no Teatro Noela, Noia, 28 de marzo ás 20:30

Novo concerto de Pablo Sanmamed desta volta en Noia, no Teatro Noela ás 20:30. Sanmamed é un contrabaixista cunha interpretación sinxela e conmovedora, capaz de irradiar unha beleza reflexiva, mais tamén un compositor e lı́der de banda que creou un mundo sonoro rico e propio. Un son que se funda na herdanza do jazz de autor, a world music e as influencias da música contemporánea e a cinematográfica. Incluso as tomadas da
arte, a fotografía ou a literatura, coas que consegue crear algo exclusivamente seu: unha música que ten assúas raı́ces en Santiago de Compostela, pero que se fundamenta en inspiracións globais.

O disco “Zugunruhe. Inquietude migratória” está conformado por nove temas, oito deles orixinais e arranxo sobre un tema tradicional asturiano . Esta edición, publicada en vinilo, inclúe un álbum fotográfico de Eutropio Rodríguez, cun caderniño interior no que percorre o concepto do disco e a súa música, ademais dunha serie de textos de Susana Aríns, arredor do concepto. Foi gravado por Ramón Campos e Rubén Montes, nos estudios Disquesí e Rueiro e mesturado e masterizado tamén por Ramón Campos. Pablo Sanmamed é, ante todo, un artista cun son que se funda na herdanza do jazz de autor, a world music, a música contemporánea e a cinematográfica.

Músicas

  • Pablo Sanmamed: composicións, arranxos e contrabaixo
  • Iago Mourinho: piano
  • Bruno Couceiro: batería
  • Benxamín Otero: óboe e corno inglés

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario