Concerto ZdZ’24: sábado 16

Data
16/11/2024 _ 21:00 h

Lugar
Capela da Madanela

Prezo: de balde

Categoría


Segundo concerto do XX Festival Internacional Zona da Zanfona na nova sede de Arzúa e no marco íntimo e acusticamente agradábel da Capela da Madanela, unha igrexa sen culto administrada desde o Concello e no centro da vila. O concerto é de entrada libre até completar aforamento. A hora de comezo será ás 21 horas o vindeiro sábado 16 de novembro de 2024.

Programa en detalle:

Valentin Clastrier: “de compositions et d’improvisations”

Valentin Clastrier xa ten tocado na Galiza en anteriores ocasións pero hai máis de 15 anos que non visita ningún palco do país. Esta será a segunda vez que o artista francés é convidado ao festival, sendo daquela o 2008 cando impartiu un curso na IV edición e tocou no Projecto Miño de Baldo Martínez. O programa será un percurso musical con composicións novas, algunhas xa clásicas do seu repertorio, variacións e improvisacións sobre material propio nun recital para zanfona electroacústica en solitario.

  • Programa:
  • Improvisation
  • Guajira
  • Rotatif-Aksak-Alternatif
  • Improvisation tapping
  • Et la roue de la vie / Chilena

Valentin Clastrier (1947), mestre indiscutible da zanfona electroacústica, emprendeu unha carreira musical ecléctica, que comezou co estudo do canto coral (1957-60), a guitarra clásica, despois o estudo da trompeta e a corneta (1961-67). Como guitarrista e cantante, participou no musical “L’Homme de la Mancha” xunto a Jacques Brel (1968-69), antes de realizar unha xira durante moitos anos co cantante Ricet Barrier.

En 1970, Clastrier descubriu a zanfona que estudou como autodidacta, desenvolvendo un xogo innovador e non tradicional. Como solista, gañou o primeiro premio nun concurso de zanfonas en Sancerre (Francia, 1982) e o seu disco “La Vielle à roulette de l’imaginaire”, aclamado pola crítica, gañou o “Gran Premio Europeo do Audiovisual”. (1984).

En 1987, Valentin Clastrier deseñou un prototipo de zanfona electroacústica en colaboración co luthier Denis Siorat. Esta nova zanfona permitiulle tocar con músicos de Jazz contemporáneo, entre os que destacan Michel Portal e Louis Sclavis, daquela músicos da “National Jazz Orchestra”, Michel Godard e Michael Riessler entre outros, cos que formaron o grupo “Le Pyre of silences”; Dous discos famosos así o testemuñan: “Hérésie” e “Le Bûcher des silences” –este último que leva o nome do grupo– (1992).

A partir de 1998 percorreu o mundo en trío con Michael Riessler e Carlo Rizzo: India, Estados Unidos, Sudamérica, etc. O seu último CD en solitario (2014) -sen título xenérico- gañou o “Gran Premio Charles Cros”.

Valentin Clastrier foi nomeado “Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras” (1985).

Xosé Luís Rivas “Mini”: Cancións.

Xosé Luís Rivas xa ten visitado o ZdZ, daquela denominado Encontro coa Zanfona Contemporánea na súa no ano 2010 na súa sexta edición. Volve agora en solitario par un repertorio de cancións, romances novos e vellos, cantos de cego e melodías dun dos pioneiros do instrumento que gravou os seus primeiros sons a principios dos anos 70 do século XX.

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación até 1982. En 1984, xunto con Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, forma A Quenlla. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción.

No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro “Mero”, as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego. Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.

Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:

  • Historia da lingua
  • Os señores da palabra
  • 70 anos de nacionalismo
  • Memoria de rosas
  • Longa noite de pedra
  • A carón dá escola
  • Cantares de cego I
  • Contos de lanuxes pra nenos
  • Somos lenda viva

 

 

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed