Os roteiros son de balde e con prazas limitadas. Debes encher e enviar este formulario online para apuntáreste. A data límite de admisión son 24 horas antes de cada roteiro. Hai transporte gratuíto para os roteiros
Formulario de inscrición
*O rexistro telemático para os roteiros está fechado. Porén hai prazas dispoñíbeis. Se queres asistir, podes achegarte ao punto de encontro no sábado día 11 no Santuario de Belén en Sta. Cristina de Fecha ás 10.30h. Salvo avalancha de persoal de última hora, poderás dispor dunha vaga no autobús habilitado. Tamén no transporte gratuíto que sae desde Compostela ás 10 horas coas paradas indicadas.
NOTA: Se queres inscribir a máis persoas, enche un formulario por cada unha delas co seu nome aínda que se repita o teu enderezo de correo electrónico e teléfono. Número máximo por persoa de contacto: 3.
Recomendacións para os roteiros
As actividades desenvólvense por camiños rurais, pistas forestais e espazos patrimoniais ao aire libre. Recoméndase traer:
- Unha pequena mochila para os efectos persoais.
- Calzado cómodo para camiñar.
- Roupa axeitada ás condicións meteorolóxicas.
- Sombreiro ou gorra.
- Protección solar.
- Auga.
Puntos de encontro
Xoves 2 de xullo · 18:00 h Que música serías se non foses pedra?
📍 Xardín das Pedras que Falan (Santiago de Compostela)
Sábado 4 de xullo · 10:30 h Da Pedra que Fala á Pedra Faladora
📍 Pedra que Fala (San Xoán de Fecha)
Sábado 4 de xullo · 21:00 h Roteiro nocturno de arte rupestre
📍 Pedra que Fala (San Xoán de Fecha)
Sábado 11 de xullo · 10:30 h As memorias móbiles e eternas de Santa Cristina de Fecha
📍 Santuario de Belén (Santa Cristina de Fecha)
Transporte gratuíto para os roteiros
A organización ofrecerá un servizo gratuíto de autobús os días 4 e 11 de xullo.
Sábado 4 de xullo
🚌 Saída desde Compostela
• Praza de Galicia (Santiago de Compostela): 10:00 h
• Santa Isabel: 10:10 h
• Lamascal: 10:25 h
• Chegada á Pedra que Fala: 10:30 h
🚌 Regreso 1 desde Trazo-Monzo (para quen non quede a comer)
• Monzo: 14:00 h. Regreso a Compostela realizando as mesmas paradas.
🚌 Regreso 2 desde Trazo-Monzo (para quen quede a comer e participe no roteiro nocturno)
• Monzo: 20:30 h
• Pedra que Fala: 21:00 h
Sábado 11 de xullo
🚌 Saída desde Compostela
• Praza de Galicia (Santiago de Compostela): 10:00 h
• Santa Isabel: 10:10 h
• Chegada a Belén: 10:30 h
• Saída cara a Santa Cristina.
🚌 Regreso aos lugares de Fecha e a Compostela
• Belén: 20:00 h. Regreso aos lugares de Fecha e a Santiago de Compostela.













Pingback: O Fechiño 2026 – Folque
Pingback: Da Pedra que Fala á Pedra Faladora – Folque