Sergio de la Ossa, mestre, investigador e musicólogo, imparte máis un ano un curso regular de Análise de Cancións Tradicionais. Serán 13 sesións cun total de 52 horas lectivas os venres pola mañá no Auditorio de Galicia (Santiago DC). Un extenso programa para cubrir diferentes aspectos arredor da música tradicional: métricas, ritmos, ámbitos e escalas, cadencias, perfís melódicos, xéneros, formas estróficas,… Este curso está dirixido a persoas iniciadas que queiran entender o funcionamento formal das músicas tradicionais; a músicos con intención de coñecer o patrimonio oral galego; a persoas que preparen as oposicións a Música.
Detalles xerais:
- Lugar: Auditorio de Galicia, Sala Circular. Santiago de Compostela
- Datas: venres cada dúas semanas de novembro a maio (ver calendario embaixo)
- Horario: mañás de 10 h a 14 h. Presencial.
- Horas totais: 52 horas
- Prezo: 350€
- Prazas limitadas
- Nivel: persoas iniciadas
- Inscrición e info de matrícula: pica aquí. Tes que enviar o formulario de preinscrición; recibirás un correo co proceso de matrícula (non inmediato, non robótico)
- + info: matricula@folque.com
Que facemos no curso?
Algo semellante a anos anteriores, continuando coas actividades prácticas que incorporamos o ano pasado: xogos cantados, cántigas acumulativas, canons, algunha adaptación propia ou indicacións didácticas que che poden ser útiles se es mestre ou mestra de música (ou vas selo en breve).
Aprendemos escoitando gravacións orixinais, cantando desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. Partimos da experiencia dos cursos iniciados no Instituto de Pedagoxía Musical Kodály, en Hungría, e na dos xa numerosos cursos realizados en aCentral Folque e noutros centros e conservatorios en Galicia nos últimos doce anos para aplicar melloras en cada nova edición. Poderás preparar a proba de análise nas oposicións a mestres de música.
O calendario do curso son os venres cada dúas semanas, do 15 de novembro ao 23 de maio, de 10 a 14 horas.
Como traballamos a análise?
Podes ver parte do método aquí. E para consultar algo máis completo na versión publicada no KodályHub da guía de análise nesta entrada.
Breve biografía de Sergio de la Ossa
Sergio de la Ossa (Madrid, 1978) é musicólogo, mestre especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista.
Entre 2007 e 2018 estivo a cargo do arquivo de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal,) e foi mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020).
Mestre de Teoría e Análise en aCentral Folque, imparte regularmente cursos e conferencias sobre música tradicional e didáctica da música. Participou como ponente no WOMEX 2014 e na conferencia celebrada en homenaxe a Zoltán Kodály no Instituto de Musicoloxía da Academia de Ciencias Húngara en 2017 (Budapest).
Como autor, asina A Basic Guide to Folksong Analysis (Budapest: Liszt Academy of Music, 2019) e colabora en publicacións como Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983) (aCentral Folque, 2019; con J.L. Forneiro) ou Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017; con Xavier Groba), entre outros títulos.
Mantén o blogue sobre música tradicional www.analisemusical.wordpress.com., visita indispensábel para todas as persoas que queiran coñecer máis e mellor o patrimonio musical de tradición oral.
Calendario e detalle temático de cada sesión:
Pingback: Curso continuo de análise 2024-2025 | Análise musical