FAQ

FAQ – Preguntas útiles sobre aCentral Folque (Frequently Asked Questions)

ONDE ESTÁ aCENTRAL FOLQUE?

As oficinas centrais están na nube do espazo dixital mas temos un lugar onde recibir os correos (Rúa Salgueiriños de Abaixo 11, L-6) mais nós traballamos nun universo moi amplo, fundamentalmente en Galicia con actividades de diferente natureza en vilas e cidades das catro provincias e con relacións internacionais directas en Portugal, Brasil, Cuba, Bretaña, Irlanda, Inglaterra, Euskadi, Catalunya,…

A Escola de Música Popular e Avanzada está en Santiago de Compostela repartida no Auditorio de Galicia (barrio de Vista Alegre) e nos centros socioculturais da Trisca, do Romaño, de Caramoniña e do Castiñeiriño.

DE QUE ÁREAS SE OCUPA aCENTRAL FOLQUE?

aCentral Folque fundamenta a súa actividade en accións ao redor da música popular: pedagóxicas, divulgativas, escénicas, editoriais, discográficas e de investigación, cun enfoque aberto, global e contemporáneo.

aCentral Folque ensina, promove, publica, edita, pesquisa, crea, asesora, distribúe, compón, investiga, crea, divulga, produce, promociona, pensa, dinamiza,… con rigor, orixinalidade e  boas prácticas.

COMO PODO ESTUDAR N’aCENTRAL FOLQUE?

Podes facelo no ensino regular da Escola de Música (dous itininerarios: formación continua -“Aulas”- e formación profesional -“Curso Maxistral”) en Santiago de Compostela durante o curso académico ou en cursos monográficos específicos ao longo do ano.

HAI LÍMITE DE IDADE PARA ESTUDAR NA ESCOLA de MÚSICA POPULAR E AVANZADA?

Non. A Escola é un centro de ensino aberto e individualizado. A aptitude musical é propia a cada persoa e o mestrado guia ao estudante para que desenvolva a súa propia.  Cada caso será estudiado individualmente maIs potencialmente calquera persoa pode coñecer as formas musicais galegas na EMaCF.

Para o “Curso Maxistral”, as limitacións para poder asistir a este curso de especialización son de coñecementos. Porén consideramos que os estudantes deste curso, deben ser maiores de 14 anos.

QUE TÍTULACIÓN OFICIAL OFRECE A ESCOLA DE MÚSICA?

Ningunha. Os estudos actuais que podes tomar na EMaCF ou calquera outro curso con aCentral Folque non siguen unha educación reglada oficial ou suxeita a normas dictadas por administracións políticas de ámbito estatal ou nacional. aCentral Folque cre na pedagoxía libre impartida por profesionais e pedagogos de recoñecida solvencia.

PÓDOLLE ENCARGAR UN PROXECTO EN EXCLUSIVA A aCENTRAL FOLQUE? 

Si. aCentral Folque desenvolve proxectos únicos con valor engadido ao redor da música patrimonial galega en contexto con outras artes e manifestacións culturais.

aCentral Folque asesora, edita, distribúe, compón, arranxa, produce, ensina, investiga, crea, divulga, promociona, pensa, dinamiza,… con rigor, orixinalidade e  boas prácticas.

COMO PODO COLABORAR CON aCENTRAL FOLQUE? 

Podes colaborar coa túa axuda a organizar algún dos eventos que organizamos puntualmente como voluntari@, podes colaborar economicamente cunha aportación, ou traballar en parceiría connosco

Tes máis cuestións? pregúntanos aquí:

Comments are closed