Escola Livre MPG

logo_ELMPGA Escola Livre da MPG é o nome que recibiu o centro de estudos regulares que aCentral Folque en Santiago de Compostela entre os anos 2008 e 2015. Unha oferta variada e especializada en diferentes eidos do patrimonio musical galego, fundamentalmente instrumentais: gaita, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico, canto tradicional e técnica vocal, percusión tradicional, harmónica, harmonía, conxunto e improvisación, transcrición e análise de canción popular. Logo de sete cursos como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín na capital do Deza, a ELMPG abriu as súas portas na Escola de Altos Estudos Musicais no curso 2008/09 e a partir do seguinte curso (2009/2010) fíxoo en diferentes centros socioculturais da cidade.

Actualmente a ELMPG derivou no Curso de Formación Contínua da Escola de Música Popular e Avanzada

A filosofía da ELMPG estaba baseada na posibilidade que esta escola brinda ao seu alumnado é formarse con mestres de recoñecida solvencia, músicos profesionais, e adquirir os coñecementos fundamentais para desenvolver as súas capacidades e aptitudes.

Esta capacitación instrumental permite optar, se o desexara, aos circuítos profesionais. aCentral Folque serviralle nese camiño de plataforma, ofreceralle asesoramento, funciona como punto de encontro, etc.

Neste sentido, aCentral Folque promove a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.

A finalidade da Escola Livre da MPG é dotar ao alumnado das habilidades básicas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais, servíndolle aCentral Folque de plataforma, asesoramento, punto de encontro, etc. Neste sentido, aCentral Folque promoverá a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.

O estudo regular da Escola Livre da MPG, divídese en varias especialidades (aulas) e o docente ten a liberdade de cátedra para organizalo e adaptalo ás necesidades de cada estudante.

As aulas son individuais e prácticas eminentemente.

As aulas regulares teñen lugar todos os luns (salvo feriado) desde mediados de outubro até finais de xuño

 

MATERIAS, MESTRES ao longo dos sete cursos da ELMPG

  • CANTO, TÉCNICA, REPERTÓRIO E CORO

Mestres: Paulina Ceremuzynska, Quique Peón, Ugia Pedreira , Guadi Galego, Davide Salvado

  • FRAUTAS E REQUINTA

Mestre: Roberto Sala

  • PERCUSIÓN TRADICIONAL

Mestre: “Chuco” Estévez, Carlos Freire, Marcos “Kinhos” Saburido

  • GAITA GALEGA

Mestre: Óscar Ibáñez, Edelmiro Fernández

  • SANFONA

Mestre: Óscar Fernández

  • ACORDEÓN DIATÓNICO

Mestre: Brais Maceiras, Pedro Pascual

  • VIOLINO

Mestre:  María G. Blanco, Gutier Álvarez, Quim Farinha

  • HARMÓNICA

Mestre: Ariel Ninas

  • CONXUNTO E IMPROVISACIÓN

Mestre: Alejandro Vargas, Pedro Pascual

  • HARMONÍA NA MÚSICA POPULAR CONTEMPORÁNEA

Mestre: Alejandro Vargas, Pedro Pascual

  • TRANSCRICIÓN E ANÁLISE DE CANCIÓN POPULAR

Mestre: Sergio de la Ossa

 

This slideshow requires JavaScript.

Comments are closed