Monográficos Inverno 2019

Estes son os  Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela.  Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar no CSC da Trisca (agás Bailegramas no CSC O Romaño) a prezos moi reducidos.

Esta é a oferta para o trimestre:

Rabeca do Brasil
Músicas populares do Paraná
con Guilherme Romanelli
Sábado 2 febreiro
16 – 20h // 20 €

Canto e Pandeireta
D’A Pontragha e outros cantos
con Carme Iglesias
Sábado 9 febreiro
11 – 14h // 30 €

Regueifa
Introducción á improvisación oral
con Alba María
Sábado 23 febreiro
16 – 20h // 20 €

Bailegramas
Escritura do baile galego
con Serxio Cobos
Sábado 2 marzo
11 – 14h e 17 – 21 h // 40 €

Birimbao
Trompa de boca
con Che Vázquez
Sábado 9 marzo
16- 20 h // 30 €

 

 

 

Comments are closed