“Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983)”
José Luís Forneiro, Sergio de la Ossa
Libro-CD
Colección: Chave Mestra. Ref: CM18
Páxinas: 154
Fotografías orixinais: 30
Idiomas: Portugués e galego
Inclúe partituras
ISBN 978-84-949511-7-6
PVP: 20€
O Romanceiro, ese conxunto de poemas narrativos transmitidos oralmente, eríxese como representante ibérico da balada europea. Neste xénero se centra o filólogo José Luis Forneiro para afondar aspectos temáticos, de transmisión e particularidades dos romances galegos. No eido musical, o musicólogo Sergio de la Ossa elabora unha profunda análise, que nos achega, tamén auditivamente, aos aspectos que caracterizan o romanceiro.
_______________________________