Zugunruhe

“Zugunruhe” é un termo alemán que se usa para describir un comportamento animal de ansiedade visible nas especies de costumes migratorias, especialmente nas aves, cando lles chega o momento de iniciar o seu periplo. Pódese traducir como “inquietude migratoria” e así co termo alemán e a súa tradución serve de título ao terceiro disco de estudio do compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed. O concepto mesmo do que fala ese título motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia des necesidade de movemento. Sanmamed, que pasa por un período especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, presenta este álbum acompañado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería, habituais do seu trío, aos que se engade nesta ocasión o óboe e o corno inglés de Benxamín Otero, para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.

O disco “Zugunruhe. Inquietude migratória” está conformado por nove temas, oito deles orixinais e arranxo sobre un tema tradicional asturiano . Esta edición, publicada en vinilo, inclúe un álbum fotográfico de Eutropio Rodríguez, cun caderniño interior no que percorre o concepto do disco e a súa música, ademais dunha serie de textos de Susana Aríns, arredor do concepto. Foi gravado por Ramón Campos e Rubén Montes, nos estudios Disquesí e Rueiro e mesturado e masterizado tamén por Ramón Campos. Pablo Sanmamed é, ante todo, un artista cun son que se funda na herdanza do jazz de autor, a world music, a música contemporánea e a cinematográfica.

Músicas

  • Pablo Sanmamed: composicións, arranxos e contrabaixo
  • Iago Mourinho: piano
  • Bruno Couceiro: batería
  • Benxamín Otero: óboe e corno inglés

Zugunruhe. Inquietude migratória

  • Formato: vinilo
  • Fotos: Eutropio Rodríguez
  • Textos: Susana Arins

O disco está dispoñible para comprar  ou pedir na túa libraría máis próxima ou nas loxas online de Inquedanzas Sonoras e Consorcio Editorial Galego .

Para unha escoita nas principais plataformas dixitais, pica aquí: https://links.altafonte.com/9dmbyb4

Prescoita en Spotify:

Comments are closed