A prematrícula para as aulas instrumentais ábrese o 1 de xullo de 2026. A matrícula permanecerá aberta até completar as prazas de cada aula.
Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí
Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí
O prezo indicado é o prezo total da aula, incluídas horas de docencia, seguro escolar e gastos administrativos.
PROCESO DE MATRÍCULA
1º. – Envío de preinscrición
Para iniciar o proceso de preinscrición en calquera dos Cursos de formación continua da Escola de Música aCF é preciso facer chegar o formulario dalgún dos seguintes xeitos:
- envío online (ver abaixo)
- correo electrónico ao enderezo electrónico matricula
folque.com. O formulario podes descarregalo abaixo
* As prazas son limitadas.
* Unha vez recibidas todas as preinscripcións e antes de facer o pagamento, debes escoller o teu horario, poñémosnos en contacto co alunado para configurar o reparto de horas das aulas que se fará atentendendo ás necesidades de cada persoa (mañá ou tarde dependendo da dispoñibilidade)
2º. – Pagamento
Para completar o proceso de matrícula en aCentral Folque é preciso abonar os custos por cada materia. Lembra que para poder seguir os cursos cómpre ter instrumento propio.
As aulas do curso 2026/27 comezarán a partir de comezos de outubro e rematarán a finais de xuño. Serán 32 sesións en total ao longo do curso segundo o calendario escolar (Xunta e Concello)
PREZOS ANUAIS DAS MATERIAS NO 2026/27:*
- Individuais: Sanfona, requinta, percusión, gaita _485 €/curso
- Acordeón: 500 €/curso (semanal)
- Violino: 350 €/curso (quincenal)
- Baile: 280 € /curso (semanal)
*O calendario escolar abrangue os meses de outubro a xuño. Son en total oito meses en 32 semanas lectivas. E as aulas son unha vez por semana: luns, xoves, venres ou sábado dependo da especialidade
*O pagamento da matrícula realizarase en dous prazos: outubro e xaneiro.
* As aulas individuais teñen unha duración entre 45′ e 60′ dependendo da especialidade
* As aulas grupais teñen unha duración entre 1 hora (baile) e 3 horas (violino)
Podes solicitar máis información no enderezo electrónico matricula
folque.com
PREINSCRICIÓN
Fainos chegar a preinscripción:
Podes descarregar o formulario: Aquí en formato .odt; Aquí en formato .pdf e enviar por correo electrónico ao seguinte enderezo – matricula
folque.com– ou completando o formulario online


