Patrimonio musical

Map Unavailable

Data
29/05/2024 _ 19:00 h

Lugar
Cidade de Santiago

Prezo: de balde con inscrición previa

Categoría


O ciclo  No campo de Fóra inclúe os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares. Esta serie pretende cubrir diferentes épocas históricas e remata este ano coa proposta de Andrés Díaz, músico e investigador que conducirá o segundo dos ‘Paseos Musicais’ cunha visión particular da música na cidade. ‘O patrimonio musical dunha cidade educativa’ é o título deste roteiro que se centrará no tempo a partir de finais da Idade Media e Renacemento até os días de hoxe. Esta actividade terá lugar o vindeiro mércores 29 de maio desde as 19 h. É de balde mais precisa de inscrición previa aquí enchendo o formulario que será publicado a partir do 25 de abril de 2024. As prazas son limitadas.

No campo de Fóra é un ciclo de concertos e outras actividades ao redor da música tradicional reelaborada a celebrarse nesta primavera de 2024 en exclusiva para o Concello de Santiago de Compostela e dentro da súa Rede de Centros Socioculturais. Son sete propostas da Escola de Música de aCentral Folque cunha variada estética e de formatos estilísticos diferentes e complementarios.

Sobre o roteiro

A cidade de Santiago, ao longo dos séculos, foi acumulando diversas capas de historia que, dunha maneira máis ou menos evidente, poden ser desveladas a través do seu patrimonio. Neste pequeno percorrido evocaremos e achegarémonos a diversos aspectos da cultura musical do pasado que, dende a Idade Media até os nosos días, están presentes na cidade: instrumentos en pedra dos séculos XI ao XVI, recordos de músicos e construtores de instrumentos que ao longo dos séculos desenvolveron a súa vida profesional en Compostela e, tamén, das institucións que os financiaron.

Sobre Andrés Díaz

Licenciado e doutor en Física, é profesor de música de ensino secundario. Dende moi novo é intérprete de diversos instrumentos de corda punteada e vento da Idade Media e Renacemento, en formacións do eido da música antiga. Tamén leva a cabo investigacións sobre a música en Galicia, con especial atención ao período do Renacemento e ao mundo dos órganos históricos, os seus construtores e intérpretes. É o director musical do Grupo de música antiga 1500 e ten formado parte de grupos senlleiros da música antiga na Galiza coma ‘Martin Códax’.

Esta actividade está feita en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed