Escoita “do Natal aos Reis” online

Xa podes escoitar online o novo traballo discográfico editado pola factoría de aCentral Folque: “do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal” do galego Ariel Ninas e os portugueses Catarina Moura e César Prata, un disco que recolle cantigas do tempo natalicio das dúas beiras do río Miño.

Podes escoitar nas plataformas online este disco picando nestas webs:

YouTube

Deezer

Spotify

Ou comprar a música en formato MP3 aquí:

Amazon

iTunes

GooglePlay

Dispoñíbel para a compra en formato físico (digi-pack de tres corpos con libreto coas letras e texto) na loxa de Inquedanzas Sonoras.

“do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal” é un repertorio temático sobre a tradición musical da Galiza e de Portugal. Tres músicos a tocar cancións propias dos dous países que comparten a mesma costume nas festas de Nadal. Cancións de Noiteboa ou de Consoada, de Natal, Manueles, de Ano Vello ou de Aninovo, de Reis ou Xaneiras,… repertorio que popularmente se interpreta de casa en casa por un grupo de persoas que piden o aguinaldo. Mudanza de ciclo anual e solsticio de inverno, cantos ao Neno, aos Reis Magos e á Epifanía nun estilo moi particular e diferente doutros xéneros das nosas músicas populares.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario