Concerto Pablo Lerner

Loading Map....

Data
24/10/2016 _ 20:00 h

Lugar
Libraría Tirana

Prezo: de balde

Categoría


pablolernerEste luns 24 de outubro aCentral Folque acolle un concerto de Pablo Lerner, artista peculiar que está de paso por Compostela para ofrecer un concerto na libraría de vello Tirana na rúa do Pombal 34. Pablo Lerner dará un concerto cos convidados especiais Alba María e Ariel Ninas. Pablo Lerner é un músico arxentino que toca música do nordeste do Brasil con zanfona húngara. Unha música con orixes galegas e portuguesas instalada no nordeste brasileiro cando chegaron os primeiros colonizadores á zona.

Pablo Lerner, nado en Arxentina, toca música do nordeste de Brasil en tekerolant (zanfona húngara). O parecido timbrico entre rabeca nordestina e zanfona húngara tocada cunha particular técnica permite este achegamento. Pablo estudou tekerolant  co profesor Balazs Nagy na Obudai Nepzenei Iskola (Escola de folclore de Óbuda). Deu concertos e obradoiros de música nordestina en zanfona en Brasil, Hungría, Austria e Portugal.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed