Curso de zanfona: Tobie Miller

Loading Map....

Data
05/04/2015 _ 11:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 85 €

Categoría


Tobie_tenor_smCurso intensivo (11 h) coa referencia mundial en repertorio histórico para a zanfona. Curso de introducción á linguaxe do barroco francés para zanfona (1720-1780), prolífica época de esplendor para este instrumento. Tobie Miller ademais atenderá todas as dúbidas sobre outros estilos dos que ela é competente especialista. Á altura vangardística da primeira xeración de renovadores do instrumento (Valentin Clastrier, Pascal Lefeuvre, Matthias Loibner).

TOBIE MILLER
A zanfonista canadense, flautista e cantante, Tobie Miller, medrou nun contexto familiar de músicos clásicos. Após da formación en Música Antiga (B.Mus) na McGill University (Montreal), transladouse a Basilea (Suíza) para continuar estudos de posgrao de música Medieval do  Renacemento no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis en Basilea.

Tobie continúa a actuar en múltiples proxectos con ensembles en ambos os dous continentes que inclúen o Ensemble Baroque de Limoges (rexistros de Haydn e Mozart á lyra organizatta para o selo Laborie), Les Musiciens de St.Julien (rexistro para o selo Alfa), Per Sonat (rexistro para Christophorus), e os seus propios
ensembles, La Rota, Ysis, Ballam, Vox Suavis ou o duo Miller-Romain e traballa regularmente cos ensembles Gilles Binchois (Dominique Vellard), La Morra (Mixaj Gondko), Leones (Marc Lewon) e Les Jardins de Courtoisie (Anne Quentin).

Tobie é unha intérprete única, por ser unha das poucas mulleres en tocar ao primeiro nivel a zanfona e por ser unha das poucas especialistas en repertorio clásico para a zanfona (de grande produción compositiva no século XVIII). Virtuosa a nivel técnico e coñecedora da linguaxe da música antiga e todo o repertorio para zanfona barroca.  Actúa en varias formacións ao respecto, incluíndo o duo co zanfonista austríaco, Matthias Loibner, así como con directores ben coñecidos como Jordi Savall, Christophe Coin e Wieland Kuijken. Mentres mantendo un ocupado calendario actuando como concertista, tamén ensina regularmente talleres e en festivais coma o CAMMAC (desde 2003), o Over the water Festival en Seattle (desde 2005), Les Journées de La Flûte à Bec  (2006), e no Schola Cantorum Basiliensis (2008).

Detalle de inscrición:

Horario Curso:

Sábado 4 abril: 10.30 a 14.00 h e 16 a 20.00 h

Domingo 5 abril: 10.30 a 14.00 h

Prezo Curso: 85 € (ouvintes 45 €)

Prezo Estancia*: 80 €

Detalles de inscrición

  • Curso: prazas limitadas
  • Hai praza para ouvintes (45 €)
  • Data límite de inscrición: mércores 1 de abril
  • Estancia: en réxime de albergue desde venres noite até o domingo ao serán: Cámping de Rianxo (preciso saco de durmir)
  • Xantares: todo incluído desde a cea do venres até o xantar do domingo
  • Concerto ZdZ de balde
  • *Se só queres asistir ao curso e hospedarte pola túa conta pero compartir os xantares e ceas co grupo, o prezo é de 11 € cada comida.

Inscrición e info:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Nova Caixa Galicia 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed