Festa das 3 aldeas

Map Unavailable

Data
13/09/2020 _ 11:30 h

Lugar
Muiños da Parribeira

Prezo: de balde

Categoría


A Asociación cultural das Tres Aldeas (Ames) organiza a II Festa dos Muíños das Tres Aldeas. Este ano en condicións especiais no vindeiro domingo 13 de setembro entre as 11,30h e ás 14h cun roteiro na zona das aldeas de Vilar, Pedrouzos e Lamas.

Na situación actual non é viable repetir a Olimpiada Rural ou o Concurso de Repostería do ano pasado  pero si é posible gozar dunha andaina polos Muíños de Parribeira en compañía dos grandes contadores de historias Quico Cadaval e Celso Sanmartín, que nos achegarán á figura de José Rodríguez de Vicente “Joselín“, o primeiro actor en gravar uns contos en galego no 1929.

O proxecto conta coa colaboración do Concello de Ames.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed