Florencio dos Vilares

Loading Map....

Data
07/06/2017 _ 19:00 h

Lugar
Praza da Quintana

Prezo: de balde

Categoría


Presentación do libro “Florencio, o cego dos Vilares” dentro da Semana do Libro de Compostela. O acto contará co editor da colección Chave Mestra de Ramom Pinheiro Almuinha e coa violinsta María G. Blanco e Gom Goás que interpretará unhas pezas do repertorio de Florencio.

Con este libro réndese unha merecida homenaxe e disponse ao público a oportunidade de coñecer a súa arte musical. Nel destaca a participación da grande musicóloga suíza Dorothé Schubarth, principal estudosa da figura de Florencio, quen xa incluíra algúns rexistros e análises do fonsagradino no seu monumental Cancioneiro Popular Galego, realizado en parcería con Antón Santamarina e editado pola Fundación Barrié nos anos oitenta. O libro complétase coas achegas do investigador húngaro András Vavrinecz, especializado en violín tradicional europeo, o musicólogo galego Sergio de la Ossa, editor das transcicións musicais, o historiador Ramon Pinheiro e as transcricións das letras das cantigas realizadas por Antón Santamarina.

Esta obra forma parte da colección Chave Mestra que edita aCentral Folque. publica sobre persoeiros senlleiros da música tradicional. Até o momento, están publicados os estudos sobre o actor Joselín, o artesán Amadeo Goyanes, e o acordeonista Pazos de Merexo. Todos os libros están acompañados por un CD con gravacións históricas inéditas.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed