Segundo evento do ciclo No Campo de Fóra: aCentral Folque nos CSCs de Santiago de Compostela, unha serie de actividades arredor da música nos centros socioculturais da cidade. Este concerto será no salón do CSC do Romaño (Travesa de Vista Alegre 46) ás 20 horas cun programa pensado para facer bailar, mais tamén ideal para escoitar a forza da música tradicional galega. A entrada é de balde para todos os públicos, o recital está adicado ao baile mais é válido para todo tipo de audiencias.
O programa ‘Para bailare!’ que presentan son ritmos para a danza máis habituais, especialmente os soltos de muiñeira e xota e algún agarrado que interpretarán cancións do repertorio transmitido oralmente e pensado para bailar. Desde cántigas gravadas polo antropólogo danés Gustav Henningsen en Galiza (1964-1968), até material recollido ás xentes da Terra de Ordes nos últimos anos pola Asociación Brisas do Quenllo
Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontraga (canto e percusións) e Ariel Ninas (zanfona). Interpretan música de matriz patrimonial que se conservou ao longo de xeracións e florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, agarrados…. Sobre melodías tradicionais recuperan coplas e compoñen outras novas para criar un discurso musical sobre un bordón grave e continuo para debuxar células melódicas repetitivas, case hipnóticas que constrúen sobre os ritmos dos antiguos.
Esta actividades están feitas en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.