Esta fin de semana do 27 e 28 de novembro terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición da feira das industrias culturais galegas CULTURGAL. aCentral Folque estará con stand propio (o número 25) en horario continuo de 11 a 21.15 os dous días. Aliás haberá unha palestra de presentación das novidades editoriais deste ano o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Foro (Sala de exposicións do Pazo) de 17:00 h a 17:45 h.
- CONCHA DO CANIZO. Este pandeiro que toco…
- AS PANDERETEIRAS DE MENS
- O infinito no pé. RIBEIRANA.
Estes tres libros presentaranse coas autores dos mesmos e algunha intervención espcial para o evento.
CONCHA DO CANIZO. Este pandeiro que toco…. Con Xulia Feixó, autora do libro, condutora e interprete musical (voz e pandeiro), Leni Pérez, compiladora, e intérprete musical (voz e pandeiro) e Guillerme Ignacio, compilador e intérprete musical (voz e pandeiro).
As Pandereteiras de Mens e O infinito no pé. Ribeirana que forman parte do proxecto MULLER FERREÑA. Con Beatriz Busto, autora do libro-CD As Pandereteiras de Mens e Serxio Cobos, co-autor do libro O infinito no pé. Ribeirana d’aCentral Folque.
Podes ver todo o programa de actividades, entidades expositoras, espazos, horarios, prezos e novidades na web do CULTURGAL.