O vindeiro 25 de xullo de 2018, aCentral Folque terá un posto no espazo editorial do Festigal que se celebra cada ano no Campus Sur de Compostela no día da Patria. O espazo estará aberto de 15h a 22 h e haberá en todo o recinto da feira, actividades para todos os públicos e convivio.
Ademais ás 19:30 h. na Galería das Letras e Ideas presentarase “Mulleres de Gargamala! Cantares da tradición oral”, de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, titulo da colección Chave Mestra. Intervirán Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, autora e autor do libro, e Alba María, que conducirá o acto.
Estas son as actividades do espazo ao longo da tarde:
- 17:00 h. Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio. Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, 2017.
Edita: Fundación Galiza Sempre. Participan: Francisco Jorquera, presidente da FGS; Ana Miranda, eurodeputada polo BNG e vicepresidenta da FGS; Carlos Babío e Manuel Pérez, autores. - 17:30 h. Invisibles. Relatos do maltrato. Montse Fajardo, 2017. Edita: Edicións Matriarcas. Participan: Montse Fajardo, autora do libro; e Carme Fouces, responsábel de Igualdade no Concello de Pontevedra.
- 18:00 h. Catalunya e Galiza, análises para avanzar. Coord. Rubén Cela Díaz, 2018. Edita: Fundación Terra e Tempo. Participan: Marta da Costa (Escritora e membro do Padroado da Fundación Terra e Tempo), Ramón Grosfoguel (Sociólogo portorriqueño. Profesor na Universidade de California en Berkeley, un dos maiores especialistas a nivel mundial da teoría decolonial e autor dun dos artigos deste volume), David Minoves (Presidente do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (CIEMEN) e autor dun dos artigos deste volume) e Roger Castellanos (Membro do Secretariado Nacional de Poble Lluire).
- 18:30 h. Metodoloxía didáctica do repente galego. María Porto e Henrique Salvador, 2017.Edita: Deputación de Pontevedra. Participan: María Porto, Henrique Salvador, autores; Carlos Alonso, presidente da Asociación ORAL; e Xosé Leal, responsábel de Cultura na Deputación de Pontevedra. *Haberá unha demostración de repente galego.
- 19:00 h. Os soños na gaiola (Edición facsímile ilustrada por Reimundo Patiño). Manuel María, 2017.Edita: Casa – Museo Manuel María. Participan: Montse Pena, profesora da USC; Pepe Barro, deseñador gráfico; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María.
- 19:30 h. Mulleres de Gargamala! Cantares da tradición oral. Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, 2017. Edita: aCentralFolque. Presentan: Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, autora e autor do libro, e Alba María, representante de aCentralFolque.
- 20:00 h. Bonus Track. Rosalía Fernández Rial, 2017. Edita: Editorial Galaxia. Presentan: Rosalía Fernández Rial, autora do libro; e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.