Cartaz para o Encontro de Tocadores

O festival Entre Margens-Encontro de Tocadores xa ten imaxe para este 2017. O festival que decorrerá entre o 2 e o 4 de xuño na vila miñota de Caminha, publica o seu cartaz, obra da deseñadora local Ana Tangerina do estudo  TdTangerina. Este é o cuarto ano que este festival se celea en Caminha, herdeiro dos festivais “Encontro de Tocadores de Música Tradicional” de Nisa (2002 e 2003) e Tocar de Ouvido en Évora, rganizados pola PédeXumbo.

O festival son tres días de concertos, cursos, forum de conferencias e presentacións editoriais e discográficas, mostra de artesanía musical, foliadas e bailes ao improviso, convivio, animación de rúa e festa para todo tipo de públicos: familiar, músicos, bailarinos, pesquisadores e amadores da cultura popular. Todo de balde e con moito ánimo. Até o 28 de maio están abertas as inscricións aos cursos que este ano versan sobre: Acordeón diatónico e Concertina; Rabeca chuleira e Violino popular galego; Cantos Polifónicos de Lafões e Pandeiretas galegasToques de Chamarritas; Gaita de Fole; Dança tradicional: Chamarritas do Faial e do Pico. Para inscribirte, hai que cubrir este formulario.

aCentral Folque fai parte da equipa organizadora do evento, estando ao cargo do Fórum, palestras e presentacións editoriais e discográficas durante os días do festival.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario