Escenas do cambio

fn18_cabenewsletterescenasEscenas do cambio é un novo festival de inverno de teatro, danza e arte en acción que organiza a Cidade da Cultura entre o 4 e o 21 de febreiro de 2015 no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela. aCentral Folque participará co espectáculo Os contos de Joselín con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutierrez “Guti” en palco o 6 de febreiro.

O festival conta en total con dezaseis espectáculos, catro conferencias-performances e varios grupos de reflexión que darán corpo a un programa integrado por compañías principalmente galegas, españolas, lusas e latinoamericanas.

Escenas do cambio. Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción arrancará o 4 de febreiro de 2015 no Museo Centro Gaiás baixo a dirección artística do galego Pablo Fidalgo e coa implicación do público, a experimentación e novidosas linguaxes e formatos como señas de identidade. A política, o compromiso da arte, a realidade social ou a memoria individual, dos países e histórica serán algunhas das temáticas que ofrezan a vintena de actividades que integran o festival.

Creadores de referencia internacional como La Ribot, Olga Mesa ou Olga de Soto; o Premio Nacional de Danza, Israel Galván; e grandes artistas galegos como Ana Vallés e Xesús Ron subirán ao escenario do Museo Centro Gaiás nun mes dedicado ás artes escénicas.

Ata o 18 de xaneiro, podedes adquirir un abono por 40€. O abono dá dereito a entrar ás 16 funcións mais é preciso canxealo previamente polas entradas de cada unha das obras ás que se queira asistir. Xa á venda en www.servinova.com (+gastos de xestión) ou no Punto On da Cidade da Cultura.

Entrada individual: 8€

Abono (16 funcións): 40€. Promoción válida só ata o 18 de xaneiro de 2015

Á venda no Punto On da Cidade da Cultura e en www.servinova.com (+gastos de xestión)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario