Baile Assalto ZdZ

Data
06/07/2019 _ 22:30 h

Lugar
Praza Rafael Dieste

Prezo: de balde

Categoría


Concerto Baile para o XV Zona da Zanfona de Rianxo co trio natural do Morrazo con tres veteráns da escena folc galega. Obal está formado por Iván Costa (zanfona), Jaime Rebollo (zanfona e nyckelharpa) e Diego Langarika (bouzouki). A noite está guiada por Mercedes Prieto.

 Obal é unha banda formada por Jaime Rebollo, Iván Costa e Diego Langarika, cos seus atípicos instrumentos: bouzouki, sanfona e nyckelharpa.

Obal trae a súa música dende as Rías Baixas en Galicia, onde nace este proxecto pensado e creado dende o baile. Xa nos seus comezos, no 2014, a música folk e a danza únense en Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa: o bal-folk.

Cun repertorio tradicional e tamén novas composicións propias e doutros autores. Bourrée, xota, scotish, mazurka, carballesa, brandle, muiñeira, circassian, etc.

“Baile en Massó”. Presentan en Rianxo o seu primeiro traballo discográfico, a gravación dun repertorio que comezaron no 2015 e que gravaron en directo en Ancestral Estudios con Isaac Millán aos mandos. Ademaís contaron coas fotos de Fernando Iglesías Fotografía, os videos de Bea Besada Homestudio e os grandes bailadores Mercedes Prieto e Sergio Cobos.  A localización nas ruínas da antiga fábrica de Massó (Cangas), é a sua particular homenaxe a tódalas mulleres e homes traballadoras do mar e sobre todo ás baleas.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed