Curso gaita con P.Fariñas

Loading Map....

Data
22/04/2017 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 €

Categoría


O centro de ensino regular de aCentral Folque (Escola de Música Popular e Avanzada) oferta un curso de gaita con Pedro Fariñas en Santiago de Compostela o vindeiro 22 de abril nunha sesión de 6 horas baixo o título Técnicas e repertorios da gaita galega nas músicas folk.

Detalles:

  • Duración: 6 horas
  • Prezo: 45 €
  • Datas: sábado 22 de abril
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 11 a 14 h e 16 a 19 h
  • Nivel: para músicos iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Curso: Técnicas e repertorios da gaita galega nas músicas folk

Traballarase en base ao repertorio das músicas tradicionáis europeas, incluíndo a música tradicional galega.
Conceptos que se traballarán: Presión ideal do fol directamente relacionada co son e a afinación; Diferenciación  de articulacións e ornamentacións dependendo da música que esteamos a tocar; A Heterofonía nas músicas tradicionáis; Tonalidades habituais nas músicas folk, e como abordalas coa gaita: Elección da afinación do punteiro (C5, G4, A4…) e posibles combinacións de bordóns , Problemas de ámbito coa melodía dada e como arranxala dun xeito creativo, Variacións melódicas e improvisacións nas melodias. (aumentación, diminución, desplazamentos rítmicos e intercambios modáis).
Breve biografía:
Pedro Fariñas é titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia acadando unha matrícula de honra no concerto fin de carreira. Complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando highlandpipe e whistle. É gañador de numerosos concursos de gaita solista tanto en Galicia como a nivel internacional como o Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient 2011 (France), Concurso de gaiteiros solistas Concello de Vigo (2011), Memorial Manuel Dopazo (2010), Memorial Manuel Villanueva (2009), Premio HonorÌfico David Russel no Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2006), etc. Na actualidade é membro da banda de folk TRIM, co que gravaron o seu primer álbum no 2014 que da nome a propia banda. Con este disco, foron gañadores dos Premios Opinión da Música de Raíz co mellor álbum e a mellor canción (Capsicum Modum) no ano 2015.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed