Encontro con Narf

Data
22/04/2014 _ 20:00 - 22:00 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 25 €

Categoría


Dentro das actividades no local da Folque para este 1º semetre de 2014, comezan unhas sesións ben interesantes de encontros con cantores e compositores baixo o título de Facemos cancións. Como? Para que?

Esta 1ª sesión será con rockeiro e lírico músico compostelán Fran Pérez “Narf” nun encontro para analizar e expremer o proceso que segue na composición dos temas do seu último disco “Nas tardes Escuras” no que investiga as posibilidades do rock aplicado á poesia rosaliana.

Fran Pérez “NARF”.

Compositor e  intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.

Publicou  tres discos baixo nome artístico de NARF: ALO IRMAO, Falcatruada  2010,  TOTEM, Falcatruada 2007.  Narf  DIRECTO EN COMPOSTELA ( CHANGÜI 2003)

narf Tras varios anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de  países como Brasil, Mozambique, Reino Unido, Portugal, Cabo Verde ou Guiné Bissau, Fran Pérez “Narf” foi construíndo un repertorio que, partindo do Galego, foise ampliando grazas ao intercambio con  outros creadores deses países, xerando un pequeno ámbito de convivencia entre linguas que nalguDs casos comparten a mesma orixe, e noutros a mesma paixón pola palabra cantada.

Fran Pérez “Narf” participou  en importantes festivais internacionais, como o Mercado Cultural de Salvador da Bahía, (Brasil), varias edicións do Festival  D´Agosto en Maputo (Mozambique), WOMEX, London City Festival ( UK), BAFIM (Buenos Aires, Arxentina), Festival de Mindelo (Cabo Verde) ou Cantos na Maré en Pontevedra. Tamén presentou os seus concertos noutras  cidades como São Paulo, Niteroi, Brighton, Varsovia, Newcastle, Barcelona, Lisboa, Ostersund, Katmandú ou Nova Delhi. Recentemente  o disco “Aló Irmao”, un traballo conxunto co Guineense Manecas Costa, acadou o nº 1 das listas da emisora RDP AFRICA, que emite para todos os países da Lusofonía.

http://franpereznarf.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed