Galician Folk Music. Conferencia

Loading Map....

Data
23/10/2014 _ 11:00 h

Lugar
Cidade da Cultura

Prezo: só para delegados Womex

Categoría


“Galician Folk Music — An Overview: Richness, variety, heterodoxy. Learning from the old layers of folk music.”. Este acto é a unica conferencia  dentro de todo o o Womex’14 referido á música galega que este ano se celebra en Santiago de Compostela. Conducida por Sergio de la Ossa, investigador galego afincado en Hungria e parceiro d’aCentral Folque centrarase na música tradicional desde un punto de vista etnomusicolóxico.

A sesión terá lugar na Cidade da Cultura dentro das conferencias da feira:  Session 2, Conference Room 2.

SergiodelaOssaNesta sesión presentarase unha descrición xeral de “Música Tradicional Galega”, centrando principalmente en folksong. Desde o repertorio máis común a características singulares en respecto a melodía, ritmo, forma, etc. con exemplos de repertorio vocal con balanza modal e aksak ritmos, explorando a presenza de variación melódica en  muiñeiras vellas, entoación non temperada, heterofonía e ornamentación.

A presentación acabará cunha visión xeral de xéneros significativos (ademais de muiñeiras e xotas), como o improviso da regueifa e brindos (duelo repentizado de cancións nos casamentos), e destaque na relación entre música e danza (con rexistros de vídeo), e música e poesía.

A sesión concluirá cunha discusión curta sobre a adopción ou non-adopción de moitos destes elementos musicais polo movemento de rexurdimento que arrancou nos anos 70 e perspectivas para o futuro próximo.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Comments are closed