Lotaría 1 zanfona de 10!

Data
06/04/2014 _ 00:15 - 00:30 h

Lugar
Centro Cultural Simón Varela, Asados

Prezo: alternative text

Categoría


aCentral Folque organiza por décima vez, o Encontro internacional de Zanfona máis importante do país no que os mellores tocadores de Europa achéganse a compartir os seus coñecementos e amosar hablidades e dimensións musicais á nova xeración de zanfonistas galegos, auténtica revolución sobre un instrumento patrimonial que non se pode entender sen a aportación deste festival. Para celebrar o 10º aniversario, aCentral Folque organiza “1 zanfona de 10” lotaría dunha zanfona do luthier Jaime Rebollo que se sorteará o 5 abril durante o Baile Assalto ZdZ. O premio tamén se poderá trocar por 1000€.

BASES: 

Sorteo dunha zanfona de dez a beneficio do X ENCONTRO ZONA DA ZANFONA

ORGANIZA: aCENTRALFOLQUE. CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR

  • PREMIO DUNHA ZANFONA por Rebollo Instruments ou troca en metálico por valor de 1000 €
  • Colaboración: 10 €
  • Data do sorteo: SÁBADO 5 DE ABRIL 2014. 24 H durante o Baile Assalto ZDZ
  • Lugar do sorteo: CC Simón Varela de Asados, Rianxo.
  • O número gañador publicarase en www.folque.com.
  • O número CADUCA aos 30 días despois do sorteo

Podes pedir un boleto online escribindo un mail a info@folque.com

A zanfona sorteada é un modelo do luthier Jaime Rebollo (2 cordas cantantes, 1 trompeta con capo, 1 bordón, bolsa)

 

Sanfona estudio Rebollo

JAIME REBOLLO:

Nace en 1978 en Pontevedra. Desde mediados dos 90 comeza a tocar en diferentes grupos, o que lle dá a oportunidade de coñecer a diferentes musicos e luthiers e o seu traballo, e empeza a interesarse pola construción de instrumentos.
En 2002 empeza a estudar construción de zanfonas no obradoiro da Escola de Artes e Oficios de Vigo con Xaime Rivas, á vez que se interesa polo traballo doutros construcctores como Mousnier, Weichselbaumer, Jesus Reolid, etc., e músicos locais como Anxo Pintos e Óscar Fernandez, e foráneos como Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Germán Díaz, Mathias Loibner, etc., que son capaces de levar o instrumento cara a camiños insospeitados.

En 2004 equitación o seu propio taller no que empeza a construír zanfonas mentres continúa coas súas propias investigacións sobre o instrumento.
Entre 2006 e 2008 estuda luthería antiga con Ramón Casal na escola de Artes e Oficios de Vigo.

Actualmente continúa desenvolvendo e evolucionando diferentes modelos de zanfona, mentres prepara o lanzamento doutros instrumentos para o 2014.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed