Serán Infantil

Loading Map....

Data
05/04/2014 _ 18:00 - 20:00 h

Lugar
Liceo Marítimo Rianxeiro

Prezo: alternative text

Categoría


Baile para os máis pequenos e pequenas divertírense. Amenizado e dirixido polo Colectivo Trepia coa sanfona de Cayetano Amenábar, a percusión de Xito Outeiro e o baile de Xandre Outeiro. Para todas as idades e niveis, pois serán bailes colectivos e ben sinxelos: an-dró, branle, danza prima, e bailes soltos e agarrados galegos.

Os encargados de dirixir o Serán infantil son esta Asoc. Cultural que dinamiza e aprende a tocar e bailar en Pontevedra desde a tradición e a espontaneidade da música popular.

Para esta ocasión traen as súas zanfona, percusións e zocas para levar aos máis pequenos ao indispensável e saudável mundo da danza tradicional.

Cayetano Amenábar (zanfona) e Xandre Outeiro (zanfona) son os compoñentes do dúo A Máquina de Meter Medo, que conxuga músicas de distintas latitudes para zanfona con samplers e programacións de electrónica e máis percusións tradicionais. Alén diso, dentro da A.C. Trépia dirixen as aulas de zanfona e percusión e canto, respectivamente.

Xito Outeiro (bombo) ten colaborado co dúo en moitas ocasións, aportando-lle a “percusión pesada”, e xunto con Xandre participa no grupo de baile da asociación.

Nesta ocasión Xito e Cayetano (bombo e zanfona) farán-nos un percorrido musical por toda a beira atlántica -da Bretaña até a Galiza- mentres Xandre guia os bailes e danzas correspondentes: an-dró, branle, danza prima, e por suposto bailes soltos e agarrados da nosa música e doutras tradicións máis cercanas.

xandre_cayetano

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed