Baile Assalto ZdZ

Loading Map....

Data
05/04/2014 _ 21:00 - 23:59 h

Lugar
Centro Cultural Simón Varela, Asados

Prezo: de balde

Categoría


Sesión de baile con música ao vivo. As danzas de moda para desfrutar en comunidade: valses, mazurkas, polcas, bourrées, círculos, chotes, an-dro,… e por suposto xotas, muiñeiras e pasodobles!

PROGRAMA:

21h XANTAR POPULAR

A Asociación Antrospinos, responsável deste entrañável festival de verán en Taragoña e parceiros nesta ZdZ’14, organizan este xantar aberto para calquera persoa que se queira achegar a compartir a mesa previa ao Baile Assalto. Haberá polvo, churrasco e parrillada vexetal.

22.30h TEATRO DE AIRIÑOS “Cantar de cego”

Este Baile Assalto especial Zona da Zanfona ten ademais o valor engadido de que se abrirá cunha representación dun sainete cómico a cargo do Cadro Artístico Airiños de Asados, o mais antigo grupo teatral do país, q cacaba de cumplir 80 anos. Será un número cómico breve dunha adaptació n dun diálogo entre un cego e unha lazarilla, típico do teatro popular galego dos anos 20 na Galiza.

23h BAILE CON MÚSICA AO VIVO

Coordinado por Óscar Fernández, mestre de zanfaona da Escola Livre da MPG e membro de Os Cempés. O baile estará amenizado coa música dos cursillistas da ZdZ e outros músicos convidados. O palco está aberto para calquera músico que queira tocar para o baile con calquera instrumento. Anotádevos na axenda ou falade coa organización para apuntarvos na lista!

24h SORTEO 1 zanfona de 10!

Ao redor da media noite vaise realizar o sorteo da lotaría ZdZ 1 zanfona de 10! duninsturmento de estudo feito especialmente polo obraoidor de Rebollo Instruments para o Encontro e que se xoga nunha lotaría de 300 números.

e + baile até que aturen os bailarinos e bailarinas!

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed