Data
27/02/2015 _ 21:00 h
Lugar
Casa da Cultura
Prezo: 5 € - 2,50 €
Categoría
Espectáculo dos Contos de Joselín, unha oportunidade de recrear en clave contemporánea as histórias cómicas do primeiro actor que gravou en galego nas históricas sesións do 1929. A actuación desta noite contará con dúas das voces máis importantes do país, Celso F. Sanmartín e Quico Cadaval que decorrerán ao longo duns 90′ polas historias que José Rodríguez de Vicente, Joselín, lles inspira.
Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares… Baseado no libro Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954). Un espectáculo que fai estalar o riso en todas as xeracións, dos maiores aos máis pequenos, sen distición. “Os Contos de Joselín” é un espectáculo de aCentral Folque cos contadores Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín.
Na busca dun teatro de actualidade, lúdico, crítico e aberto á interacción co público, volven os ollos sobre a súa tradición: a dos contacontos. Unha historia aínda non contada na que se agochan incríbeis figuras como a de Joselín, o narrador galego de máis éxito de todo o século XX.