Data
15/02/2014 _ 21:00 h
Lugar
Auditorio da Xunqueira
Prezo: 4 €
Categoría
Xurxo Fernandes e Quique Peón, ofrecerán un concerto especial (entre didáctico e festivo) para presentar o seu repertorio popular para o canto e o baile. Cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.
Vai para xa nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.
Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.
Este traballo , concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.
Vídeo de Radio Cos: http://www.youtube.com/watch?v=E7exSPzztjE