Zanfona para crianzas

Data
25/04/2020 _ 10:30 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


Modas e modos. Música modal para ir rodando. Monográfico de zanfona para nenas e nenos

Curso para tocadores infantís (até 16 anos) con Pablo Bernárdez para saber da música dun xeito lúdico, interesante e espertar a curiosidade dos máis pequenos sobre este carismático instrumento. É preciso ter zanfona propia.

Detalles do curso

  • Data: sábado 25 de abril
  • Horas: de 10:30 a 13:30 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

 

Descrición

Pablo Bernárdez ofrece este monográfico no que tocaremos repertorio de música medieval, escalas modais e nos mergullaremos no mundo da improvisación. Orientado a nenos e nenas ata 16 anos, con instrumento propio.

Pablo Bernárdez

Pablo Bernárdez Mato, nacido na Estrada no 1976, mestre de música no CPI Santa Lucía de Moraña. Como zanfonista comezou co mestre Oscar Fernández, complementando a súa formación, entre outros con Anxo Pintos, Xermán Díaz, Guilles Chavenat ou Valentín Clastrier. Membro do grupo Linho do Cuco dende 1997 ata 2017, actualmente toca co Combo Guimaralia e participa como guitarrista na O.M.M. Carlos Barruso.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed