ZdZ’23: Manual

Map Unavailable

Data
02/07/2023 _ 17:00 h

Lugar
Pazo do Rianxiño

Prezo: de balde

Categoría


Manual galego de zanfona é o primeiro método adicado ao instrumento sobre música galega e publicado neste 2023. 34 partituras de música popular galega para zanfona. Co seu correspondente enlace (escaneando o código QR) ano que están gravadas tódalas melodías presentadas desta obra. Este é o contido principal deste Manual Galego de Zanfona.

Un manual que presenta as partituras dixitadas, comentadas, explicadas e ordenadas de xeito progresivo, en canto á súa dificultade se refire. Un manual válido para quen comeza dende cero, e válido para quen xa toca e quere ampliar a súa formación e visión da zanfona galega no 2023.

Con partituras despregables para ter toda a información sempre diante, e co soporte audiovisual das tecnoloxías actuais.

Un manual de zanfona galega necesario ante o afortunado interese de hoxe por este antiquísimo instrumento noso.

Sobre o autor

Suso Vaamonde Manteiga, Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.

É o director, coordinador e profesor da Escola de Instrumentos Populares Galegos «Suso Vaamonde», en Caldas de Reis, e tamén da Aula Permanente de Música Tradicional (Vicerreitorado do Campus de Pontevedra). Ademáis é Mestre de instrumentos populares na Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes, na asociación A Fuliada (Betanzos), na asociación Hai que Roelo (Cuntis), na Escola de Música de Salceda de Caselas, e na Agrupación Tequexetéldere (A Estrada). Tamén imparte clases «online» de instrumentos populares galegos.
Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego «Rey de Viana», Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío «Vaamonde, Lamas e Romero», coro histórico «Aires da Terra: o legado de Feijóo»…

Destaca ademáis no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A meirande parte da súa obra está gravada por él mesmo en diversas publicacións discográficas.

Ten participado en máis dunha veintena de gravacións discográficas e publicado varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega – 4 en total -, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, Revista de Etnomusicoloxía, Pel e Madeira I e II…)


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed