Mestrado e seminarios da EMPA

EscolaFolque_byArielNinasO itinerario de formación profesional que propón a Escola de Música Popular e Avanzada organízase en docencia de catro horas semanais de unha hora adicada a cada especialidade. O mestrado escollido para impartir aulas dispón de cátedra libre para ensinar os contidos que considere axeitados mais é o claustro permanente da EMPA a que define as liñas que se aprenderán na Escola. A filosofía da EMPA é ofrecer visións diferentes da man das profesionais en activo que levan investigado, practicado e promovido coñecementos ao redor da música desde distintos puntos de vista: teoría, traballo de campo, vangarda, práctica instrumental, excelencia, solvencia na transmisión de coñecementos e pedagoxía,…

No primeiro curso deste novo itinerario, cada semana impartiranse materiais troncais, obligatorias e iguais para todo o alunado ao longo de cada sesión (venres tarde ou sábado mañá) arredor destas catro materias:

  • Repertorio e recursos interpretativos
  • Arranxos e harmonización
  • Fontes, formas e análise
  • Historia social e contextos no noroeste peninsular

Cada hora terá adicación exclusiva da persoa coordinadora (Óscar Fdez, Alejandro Vargas, Sergio de la Ossa e Ramon Pinheiro repectivamente) que impartirá a maioría das aulas ao longo do curso, aproximadamente, o 25% da carga lectiva de cada especialidade. O resto das horas lectivas estarán adicadas aos seminarios específicos atendidos polos especialistas arriba mencionados, deixando horas de libre designación para outro tipo de actividades ou convidados especiais que estean na órbita de outras actividades de aCentral Folque.

A estes mestres permanentes, súmase un feixe de especilistas que impartirán seminarios exclusivos en distintas áreas:   Rosalía Rodríguez Vázquez, Ugia Pedreira, Paulina Ceremuzynska, José Manuel Díaz, Cristian Silva, Montse Rivera,  David Bellas, Paulo Gonzales, José Luís do Pico Orjais, Bea Díaz, Xoán-Xil López, Nacho Muñoz, Ana María Jiménez, Óscar Ibáñez, Jesús González, Vazdim Yukhnevich, Carlos Freire, Pablo Pérez, Fernando Abreu, Eduardo Bahamonde, Felisa Segade, Quique Peón, Maisa Lago,… e outros nomes que se irán definindo ao longo do curso así coma o calendario de cada un dos seminarios  con seminarios variados que abranguerán temas coma repertorio oral, arranxos contemporáneos, historia da músic apopular e contextos, formas musicais, fontes históricas, canto, puntos de baile, gaita anterga, adaptación de melodías, etnomusicoloxía, gravación, dereitos autorais, administración laboral, cancioneiros, análise musical, ritmos e percusión, psicoloxía do canto, folklore, combos, palco, técnicas extendidas en instrumentos tradicionais…

O obxectivo é ofrecer ao alunado unha variada visión ao redor da música popular contemporánea centrada na música de raíz tendo a posibilidade de coñecer directamente da man das persoas que levan investigado en candanseu ámbito.

A matrícula para este itinerario faise de xeito telemático aquí

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario