Novo Curso na escola Folque

A matrícula está aberta nun ano máis para aprendermos arredor da música galega. En outubro comeza o curso escolar que aCentral Folque leva adiante hai máis de 15 anos en Galicia. A Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA) reside en diferentes espazos da cidade de Santiago de Compostela (Auditorio de Galcia, CSC da Trisca, CSC Castiñeiriño, LCS Caramoniña), inicia un ano académico en 2017/2018 para seguir ofertando aulas de calidade para todos os públicos. Cursos monográficos de distintas especialidades, aulas individuais en diversos instrumentos, o Curso Maxistral para músicos iniciados, aulas colectivas de coñecementos xerais… toda a información pódese ver na web para coñecer todos os detalles.

MISIÓN

aCentral Folque estáblecese hai máis de quince anos coa misión de estudar, divulgar e promocionar a música popular galega desde un enfoque aberto e contemporáneo. Cunha orientación e plan de estudos que aposta pola profesionalización do alumnado, aCentral Folque traballa para ser un espazo creador de novas voces na música popular galega.

ESTRUTURA DA ESCOLA

A escola conta con dúas liñas de traballo docente: as Aulas individuais e colectivas e o Curso Maxistral aCF.

+ Aulas individuais

Aulas individuais especializadas en diferentes instrumentos e técnicas. Abertas para todo tipo de persoas interesadas na música popular galega con independencia dos seus coñecementos musicais. Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión.

Para coñecer máis sobre as Aulas individuais e  pica aquí.

+ Aulas colectivas

Aulas en grupo en diferentes disciplinas sobre a música popular contemporánea na Galiza. Gaitas, Baile, Regueifa e improvisación oral, Linguaxe musical: método Kodály, Canto e pandeireta, Harmonía na música popular. Para estas aulas é preciso coñecementos previos de música (agás en Regueifa e improvisación)

Para coñecer máis sobre as Aulas individuais e  pica aquí.

+ Curso Maxistral aCF

O Curso Maxistral aCF é un curso estruturado en 2 anos que vai orientado ás persoas iniciadas na música popular galega. Ofrece un estudo amplo e profundo do legado musical galego unido á ensinanza de linguaxes e métodos de vangarda. O obxectivo é dotar ao alumno dunha bagaxe sólida que lle permita expandirse como músico e expresar a súa propia voz dentro da escena contemporánea. Para coñecer máis sobre o Curso Maxistral aCF, pica aquí.

+ Matrícula nos cursos

A matrícula nos cursos da Escola tanto no itinerario do Curso maxistral como nas aulas de especialización podes facela aquí

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario