aCentral Folque participará máis unha vez da Semana do Libro de Compostela cun expositor de libros e discos da editorial e de actividades arredor da música e a literatura. O evento decorre entre o 10 e o 18 de outubro en diferentes lugares da cidade. No espazo permanente de AFundación (Rúa do Vilar 19) teremos todos os títulos publicados á venda e alí estaremos para condultar ou falar algunha de nós. Os horarios son de 17.00 a 21.00 todos os días e nas fin de semana e feriado tamén pola mañán de 11.00 a 14.00. Podes ver todos os espazos, colectivos, editorias e librarías e programación da feira na páxina web da SELIC.
aCentral Folque ademais organiza varias actividades en diferentes días da SELIC. Serán actividades de balde (até completar a capacidade):
Domingo, 11 Outubro. 19 h
Música e literatura popular: Versos de cordel.
Luns, 12 Outubro. 19 h
Performance literario – musical: Antón Fraguas e a memoria musical de Cotobade.
Martes, 13 Outubro. 19h
Presentación da nova colección de libros musicais ZECA, aCentral Folque
Sábado, 17 outubro. 12 h
Performance oral: Historias da tinta imaxinaria con Queco Díaz e Alba María
Domingo18 outubro. 18h.
Paseo literario feminista por Santiago: Verba manent con Andrea Nunes e Alba María
PROGRAMA EXTENDIDO
Domingo, 11 Outubro. 19 h
Música e literatura popular: Versos de cordel. Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Torrente Ballester).
A literatura narrativa de tradición oral versificada e cantada, contada de boca a orella, de memoria a lembranza, de nai a filla, de cego a paisano… Diferentes estéticas, formatos e actualizacións elaboradas a partir da literatura de cordel galega a cargo da Escola de Música d’a Central Folque de Santiago de Compostela.
Luns, 12 Outubro. 19 h
Performance literario – musical: Antón Fraguas e a memoria musical de Cotobade. Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Torrente Ballester).
O libro Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade, de Xavier Groba, realiza un mapa sonoro do patrimonio literario, musical e coreográfico de transmisión oral destas terras do interior de Pontevedra. Os relatos de Groba vense complementados por unha actuación musical de Tralo-Valo elaborada a partir dunha selección da lírica e música de transmisión oral recuperada na obra.
Martes, 13 Outubro. 19h
Presentación da nova colección de libros musicais ZECA, aCentral Folque
Fundación Eugenio Granell. Sala Didáctica.
Cos autores Richi Casás (Fuliada na Vila) e Xico de Carinho (na Harmónica).
ZECA é un espazo para a creación e o encontro, desde o que construír pontes entre ritmos e sons diversos e abrir novos camiños para o patrimonio musical galego. Pero tamén é un espazo para a intervención, un lugar de liberdade para tecer discursos e narrativas e para promover expresións críticas e cívicas. A marca do músico portugués Zeca Afonso é unha referencia inequívoca do sentido da colección. A presentación contará con sorpresas musicais improvisadas.
Sábado, 17 outubro. 12 h
Performance oral: Historias da tinta imaxinaria con Queco Díaz e Alba María
Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Granell – Sala Didáctica).
Performance poético musical coa improvisadora Alba María e o guitarrista Queco Díaz que levan a un novo terreo verbas tiradas de libros e historias tecidas a partir de aleatorios versos.
Domingo, 18 outubro. 18h.
Paseo literario feminista por Santiago de Compostela: Verba manent con Andrea Nunes e Alba María
Igrexa de Belvís (saída)
Paseo literario en chave feminista orbitando arredor da zona vella de Compostela co leitmotiv das obras de Begoña Caamaño, escritora e activista que estivo moi vinculada á cidade. A poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de guiarnos a través da historia das mulleres que, en moitos casos silenciadas, foron as que construíron as rúas da memoria de Santiago de Compostela: bibliotecarias, escritoras, activistas…
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).
A Semana do Libro de Compostela é o resultado de meses de traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela.
Naceu o ano 2017, co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega, e co reto de ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais. E neste 2020 celebra a súa cuarta edición.
Queremos ter un espazo singular, con postos heteroxéneos que reflictan a diversidade do sector do libro de Santiago.
Queremos que a SELIC sexa unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Por iso, máis alá das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro fomentaremos actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas, ou obradoiros.
Porque Compostela é unha cidade inspiradora e literaria, e merece ter un gran evento que tamén o sexa.