aCentral Folque organiza dous Bailes Assalto dentro do programa Nadal nas rúas que promove o Concello de Santiago de Compostela. Será no concurrido barrio do Ensanche na céntrica praza Roxa onde hai instalada unha carpa para acoller estes bailes con música ao vivo.
A primeira data será o vindeiro sábado 26 de decembro , derradeiro do ano a partir das 21 horas. Para esta ocasión contaremos coa guía de Suso Cancelas para os bailes e de Servando e Contradanza para pór a música ao vivo con Servando Barreiro coa súa voz, concertina, acordeón e guitarra e Sergio Wor ás Guitarras e voces. Ofrecerán un repertorio variado de bailes galegos e europeos: valsas, xotas, mazurkas, muinñeiras, círculos circasianos, chotis, polcas, malhão, bourrées,….
Para a segunda data, será o sábado 2 de xaneiro, xa primeiro do ano ás 21 horas tamén. Contaremos coa guía de Montse Rivera para os bailes e de Tis Che Tein para pór a música ao vivo con:
- Xacobe Varela: gaita, bouzouki e voz
- María Blanco: violino
- Carlos Freire: percusión
- Gon de Abadín: guitarra
- Xavier Agra: frauta