O vindeiro mércores 23 de decembro, ás 20 horas, no Salón de actos do Concello de Forcarei (praza da Igrexa, 1) presentarase ao público unha cuidada e rigurorsa monografía sobre o lexendarIo gaiteiro Adelino Pichel (1907-1994) que inclue un CD con 35 gravacións orixinais. Esta iniciativa de aCentral Folque contou co apoio do Concello de Forcarei e da Radio Galega.
Na presentación intervirán o autor Juanjo Fernández e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro e a Alcaldesa de Forcarei Belén Cachafeiro. Como feche está prevista a intervención musical de Juanjo Fernández e o seu trio Biouteiro, autor do libro interpretando unha selección do repertorio de Adelino Pichel e outros gaiteiros de Forcarei así coma do bisneto de Adelino, Diego López Cosme, ex-aluno da Escola Folque
ADELINO PICHEL E OS GAITEIROS DE FORCAREI recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Adelino Pichel, o último maestro do toque pechado e da antiga forma de interpretar a gaita de fol na Terra de Montes. O libro conta con abundante documentación gráfica e coa transcrición e analise dun amplo e valioso repertório transmitido por Adelino Pichel sen olvidar tamén as principais referencias para o mundo da gaita no s.XX filiadas a Forcarei: Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo e Jesús campos. No CD podemos escoitar en versión orixinal unha selección de 33 gravación inéditas de Adelino Pichel realizadas entre 1984 e 1990 por Juanjo Fernández. O CD inclúe tamén dúas gravacións inéditas de outros gaiteiros do concello: Castor Cachafeiro, membro dos míticos Gaiteiros de Soutelo de Montes e Jesús Campos.
Juanjo Fernández, o autor do libro, é un profundo coñecedor da dimensión musical de Adelino Pichel e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente inexcusábel da mellor tradición gaiteira pontevedresa para as novas xeración de músicos e afeizoados. Fernández compartiu inúmeras horas con Adelino e ten sido o mais destacado divulgador entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.
Chave Mestra é unha colección de libro-disco de aCentral Folque que afonda no coñecimento de personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer e axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfoneiros, violonistas, narradores, acordeonistas… Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional galega. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición de partituras e CDs con gravacións orixinais e inéditas en cada unha das publicacións.