Alba María no Culturgal

Loading Map....

Data
07/12/2014 _ 18:30 h

Lugar
Pazo congresos e exposicións

Prezo: de balde

Categoría


Ainda_AlbaMariaAlba María, a gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’, presenta o seu primeiro disco, que leva por título ‘Aínda’. Editado pola Central Folque e gravado entre o Local de Nsaio de Teo e os Estudios Gourmet Sound da Coruña, poderemos escoitar un breve adianto do mesmo o vindeiro domingo día 7 de decembro no Culturgal. A banda ao completo presentará o dito traballo o próximo 25 de xaneiro en Teo.

O pasado 5 de abril, a viguesa Alba María convertíase na gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’ na gala que puña o punto e final ao proceso iniciado en xaneiro deste ano e no que participaran 23 persoas. Entre os premios que recibiu, figuraba a gravación dun disco de oito temas, que é o que agora presenta.

Para a edición de ‘Aínda’, gravado entre o Local de Nsaio de Calo (Teo) e os Estudios Gourmet Sound da Coruña, a cantora contou coa colaboración da Central Folque, entidade que editou o disco e que puxo tamén ao dispór da súa alumna a colaboración de diferentes artistas coma Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (percusións) e outros da talla de Pedro Pascual e Óscar Fernández, entre outros.

Poderemos gozar dun adianto de ‘Aínda’ o vindeiro día 7 de decembro no Culturgal entre as 18:30 e as 19 horas e con entrada gratuíta. A artista viguesa contará cos músicos Felipe Villar (guitarra) e José Manuel Díaz (contrabaixo) neste showcase. Ademais de interepretaren uns temas do dito traballo, celebrarase tamén un encontro con Alba María e unha sinatura de discos no stand de Inquedanzas Sonoras, a entidade distribuidora do disco.

Impulso á canción de autor en galego

Ademais deste adianto do primeiro traballo de Alba María, o vindeiro 25 de xaneiro celebrarase o concerto de presentación do dito álbum no Concello de Teo, entidade organizadora do Certame de canción do cal a artista viguesa resultou gañadora. Neste caso, a galardoada contará coa banda ao completo nun grande concerto no que se interpretarán os temas de ‘Aínda’. Ademais, a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, aproveitará para avanzar novidades acerca da segunda edición do Certame.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed