Data
30/09/2022 _ 18:00 h
Lugar
Sala Capitular do Mosteiro
Prezo: de balde
Categoría

© Denis Estévez
Segundo concerto do ciclo Bordóns: a zanfona no Camiño con dous actos, o concerto de Ariel Ninas e a presentación de Kril, sintetizador Midi a manivela do artista sonoro Xoán-Xil López. Os dous músicos forman parte de Ulobit, trio de arte experimental e interpretarán pezas especialmente encomendadas para o festival.
O acto terá lugar na Sala Capitular do Mosteiro de Santa María en Sobrado dos Monxes, un espazo senlleiro e dos poucos restos conservados da construción orixinal do edificio cisterciense do século XIII.
- Programa ‘(a)tom’ de Ariel Ninas: zanfona, loops, paxariños
Ariel Ninas móvese entre a tradición máis evolucionada, irrespectuosa e a contemporaneidade máis efémera. Nos últimos anos toca en varios proxectos de improvisación libre froito da súa participación coa OMEGa, Orquestra de Música Espontánea de Galiza -ImaxinaSons’09 con Fred Frith, Traumzeit Festival (Duisburg) con Michael Fisher. Co Comando Delta deconstruíndo a Golpes Bajos con Germán Coppini-; ou o trio experimental Ulobit e o trad de Tralo-Valo. Para este concerto presentará ‘(a)tom’, un concerto con composicións propias, versións e temas da tradición oral nun percurso transitando a paisaxe sonora, a tonalidade occidental, a modalidade antiga cos recursos acústicos, melódicos, pedais e suxerentes do instrumento.
- Presentación de Xoán-Xil López (a.k.a. XISELR): KRIL
Xoán-Xil López baixo o pseudónimo XISELR, proxecto que se centra no uso de texturas sonoras e bordóns interpretadas cunha serie de dispositivos electrónicos de fabricación propia. A través da experimentación e a improvisación proponse unha revisión de instrumentos, entre eles o KRIL, revisitando a zanfona, ao tempo que se investigan novas posibilidades expresivas da síntese sonora e a interpretación electrónica.
Este concerto fai parte do ciclo ‘Bordóns: a zanfona no Camiño’, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. #OteuXacobeo #Xacobeo2022 #zanfonanocaminho