Expo ZdZ

Data
31/07/2016 _ 14:00 h

Lugar
Biblioteca de Rianxo

Prezo: de balde

Categoría


ZanfonistasCastelaoCon motivo da XII edición do Encontro Internacional Zona da Zanfona, organízase esta exposición dun especial coa reprodución dos debuxos que o insigne Castelao fixera ao redor da zanfona ou con esta coma protagonista e que deu unhas das representacións máis emblemáticas sobr eo instrumento no século XX.

“Zanfonistas de Castelao” é unha exposición comisariada polo Fondo Musical de Rianxo que se poderá desfrutar durante todos os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste). Inaugurarase o mércores 27 de xullo na primeira xornada do Encontro ZdZ ás 20h na propia biblioteca.

O acto ademais contará coa presentación do disco Cantos de cego de Galiza e Portugal de Ariel Ninas e César Prata que recentemente gravaron e que se lanza con motivo deste Encontro.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed