O infinito no pé

Map Unavailable

Data
22/12/2021 _ 19:30 h

Lugar
Viejo Pancho

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro mércores 22 de decembro ás 19.30 horas no Salón de conferencias da Casa do Viejo Pancho en Ribadeo presentarase O infinito de pé. Ribeirana a última das publicacións da editorial d’aCentral Folque coa presencia da autora Eva Moreda, o creador dos bailegramas Serxio Cobos e a colaboración espcial de Ugia Pedreira.  A entrada é de balde até completar aforo. O acto conta coa colaboración das esntidade slocais da Asociación Francisco Lanza e ao Concello de Ribadeo.

O último número da colección Seiva é O infinito no pé. Ribeirana de Eva Moreda e Serxio Cobos. Unha obra a medio camiño entre a narración e o ensaio; un “escrito sobre o pasado” das dificuldades que se nos ofrece para capturar o sentido e sensibilidades das artes transmitidas de forma oral, como neste caso o baile da ribeirana. Non se trata só de describir ou documentar o coñecemento que se ten sobre este baile en particular, tamén indagar na memoria simbólica do movemento e do xestual, dos seus usos rituais, sociais e lúdicos, a súa transmisión no ámbito doméstico e feminino na sociedade tradicional. O libro recolle as transcricións do baile en bailegramas con deseños orixinais e inéditos do bailador e artista plástico Serxio Cobos.

Este título foi publicado baixo o programa “Muller Ferreña” de aCentral Folque promovido desde a Deputación Provincial da Coruña.

Para saber máis sobre o libro, segue esta ligazón: O INFINITÓ NO PÉ. RIBEIRANA de Eva Moreda e Serxio Cobos

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed