Un dos gaiteiros máis sobranceiros do país recibirá unha homenaxe con varias actividades o vindeiro 24 de marzo , día no que se cumpre o 25 aniversario do pasamento de D. Ricardo Portela Bouzas (Viascón 1920-Pontevedra 1992), co gallo da efeméride levaranse a cabo as seguintes actividades conmemorativas en Cerdedo-Cotobade e máis en Pontevedra.
Os actos comezarán pola mañá cunha ofrenda floral diante busto do gaiteiro de Viascon en Cercedo, Cotobade a partir das 12.30 h.
Pola tarde os actos transládanse a Pontevedra.
A partir das 17 h haberá un pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.
Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.
A partir das 21 h no Teatro Principal unha gala homenaxe conducida polo director artístico d’aCentral Folque Ramon Pinheiro. Con actuacións e conversas con músicos que tocaron con Portela no seu día tan destacados coma Francisco Estévez “Chuco”, Pepe Ferreirós, Wenceslao Cabezas “Polo”, Antón López “Toniño”, Miguel Souto e aínda máis. A gala servirá para presentar o disco de Óscar Ibáñez baixo o título Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela, 25 Anos do Pasamento gravado coa súa propia gaita de dixitación pechada.