Este ano comezamos a impartir aulas de baile tradicional na escola d’aCentral Folque en Santiago de Compostela. Unha antiga aspiración e vella demanda do noso alunado e unha eiva no noso centro para ofrecer un dos aspectos fundamentais sen os que a música popular non se entendería. O mestre encargado desta materia é o compostelán Sergio Cobos que logo da súa estadía de varios anos no Alentejo, retorna a Galiza e aproveitamos para sumalo ao elenco de mestres da nosa escola.
As aulas de danza terán lugar os sábados no CSC da Trisca desde o 21 de outubro até finais de curso a mediados de xuño. Se queres apuntarte, matricúlate aquí.
As aulas de danza tradicional son de aforo limitado e fundamentadas nos bailes soltos galegos (xotas e muiñeiras) con espazo para algún baile agarrado (mazurca, valse ou rumba) e outros ritmos europeos (schottische, valsa mandada,…). Aulas eminentemente prácticas con introducción á linguaxe pictográfica de aprendizaxe de pasos.
Horarios: sábados mañá de 12 a 13.30 (grupo I) e tardes de 16 a 17.30 h (grupo II)
Lugar: CSC Trisca
Prazas: límite 14 persoas
Breve bio de Sergio Cobos
Especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folcklore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989.
Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.
Foi fundador e director artístico das compañias BRUMA e TREBÓN (Novas tendencias da danza galega), director musical e intérprete de danza nas compañías CÍRCIO e GS21 asi como intérprete do grupo VIOLIA (música tradicional galega)
É ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”.
En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE .
Canto me alegro, que grande!